martes, 26 de mayo de 2020

4º ESO B 26/05/2020

Bos días a todos!!🌞🌞

Muy buenos días chicos!

Como ya os había adelantado la semana pasada, la tarea de esta semana es conjunta con la profesora de Historia, os dejo aquí una copia de la entrada que ella ha subido a su blog para que podáis hacer la tarea.


Un saludo y mucho ánimo!


"Hoxe o profe Dani e máis eu, dentro do proxecto interdisciplinar "Dos tempos dos meus avós" que estades a desenvolver, imos a proporvos unha tarefa de investigación moi, moi dura 😉

Como xa estudamos, dende os anos 50 e, sobre todo, durante os anos 60 asistese en España a un gran avance tecnolóxico.

Por aquel entón, debido ás melloras nas condicións de vida e dos salarios, a crecente clase media pode acceder, ao fin, ao mercado dos bens de consumo dando lugar a aparición no noso país da famosa "sociedade de consumo".

Pero... e os trebellos que empregaban os nosos bisavós? Que foi deles?

Sabedes dalgún aparato que empregasen daquelas e que agora mesmo xa non se use ou que cambiara/evolucionara?
Pois iso é o que queremos que nos contedes!

Como o faremos?
Podedes levar a cabo a vosa investigación como prefirades, ben empregando Internet ou ben preguntando aos vosos avós, bisavós, tíos... (esta opción é sin dúbida a mellor!).
Pode ser calquer aparello tecnolóxico (electrodomésticos, telecomunicacións, vehículos, aparellos do campo, de costura, de cociña...) Non hai límite.
Despois mandadesnos toda a información que poidades dese "aparato": para que servía, como se empregaba, por que caeu en desuso, se evolucionou ou se mellorou, se existe ou non na actualidade...

Se tendes a posibilidade, podedes sacarlle unha foto e senon podedes  buscala en Internet.

Nada máis!
Doado, non si?

Unha aperta enorme e... a investigar!"



No hay comentarios:

Publicar un comentario